BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO DE 1 FIN DE SEMANA EN CABANAS DAS CHOUSAS DE LUGO MADERA

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo (LUGO MADERA), con CIF G27030915 e domicilio en Avenida das Américas 107, Baixo, código postal 27003, Lugo, provincia de Lugo (en diante, o RESPONSABLE) organiza con fins promocionais o sorteo de 1 fin de semana en Cabanas das Chousas (en diante, “o Sorteo”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O período de participación do sorteo iniciarase o día 21 de marzo e finalizará o día 28 de marzo. O sorteo realizarase o 29 de marzo.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

• Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.

• A mecánica do sorteo consiste en deixar un comentario no vídeo “PARTICIPA EN – A Madeira, Xerando Valor” do canal de Youtube de Lugo Madera, que se publicará o 21 de marzo, e ser suscriptor da canle de Youtube de Lugo Madera.

• Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Lugo Madera.

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

Elixirase  aleatoriamente 1 gañador e 3 suplentes, para o caso no que o gañador non responda no prazo de 48 horas a contar dende o envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a, entre tódolos comentarios do vídeo dentro do prazo establecido. As comunicacións co gañador e/ou suplentes realizaranse na semana posterior a Semana Santa.

Premio: Unha fin de semana en Cabanas das Chousas (2 noites en habitación dobre en réxime de solo aloxamento).

O premio non ten caducidade, polo que se disfrutará dentro das datas elexidas polo gañador (reservas suxeitas a dispoñibilidade).

A elección do gañador efectuarase de maneira aleatoria a través da plataforma App Sorteos.

Os datos dos participantes serán cedidos a STARPLANNING, S.L., con CIF B 70.240.023 e domicilio a estos efectos en C/ DOCTOR TEIXEIRO 39 -ENTRESUELO 7, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita no Rexistro Mercantil de A CORUÑA T 82, F 69, S 8, H SC 44814, con correo electrónico de contacto: info@starplanning.es, durante a vixencia do actual sorteo para a execución do mesmo e realizar a entrega dos premios.

O RESPONSABLE porase en contacto coa persoa gañadora contestando directamente ao seu comentario do vídeo, informándoa de como reclamar o seu premio. O gañador ten un prazo de 48 horas para comunicar a aceptación do premio; en caso contrario, o RESPONSABLE porase en contacto coas persoas que quedaran suplentes unha por unha, seguindo o mesmo método ata que algunha delas reclame o premio.

A aceptación do premio deberá facerse efectiva a través da conta de correo electrónico info@lugomadera.es e o gañador debe comunicar a sua identidade (DNI, nome e apelidos, e acreditar dalgún xeito ser o usuario gañador) e asegurar así a comunicación co Responsable a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio.

5.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos do Sorteo perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude  desta Promoción.

6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito  á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros  participantes.

7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros  que poidan afectar o desenvolvemento  da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade  co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 11 de decembro , de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no seu Regulamento de desenvolvemento, cada participante coa aceptación destas bases legais consente que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro do cal somos responsables, e utilizados para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros  medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso,  rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a info@lugomadera.es.

9.- CAMBIOS

Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes no Sorteo.

10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN Estas bases legais rexeranse  de conformidade  coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo.

You are donating to : Greennature Foundation

How much would you like to donate?
$10 $20 $30
Would you like to make regular donations? I would like to make donation(s)
How many times would you like this to recur? (including this payment) *
Name *
Last Name *
Email *
Phone
Address
Additional Note
paypalstripe
Loading...