Actualidad del Sector

02
Feb

Proyecto de I+D+i – Modelo de Negocio Innovador apoiado na figura das SOFOR e adaptado á estructura da propiedade e competitividade do monte galego SOFOR 4.0

O venres 21 de xaneiro presentouse na sede de SEISTAG en Bertamiráns (Rueiro Nº 17 Baixo) os avances do proxecto “Modelo de negocio innovador apoiado na figura das SOFOR e adaptado á estructura da propiedade e competitividade do monte galego ”SOFOR 4.0.

Este proxecto está sendo executado por SEISTAG S.L., CERNA Ingeniería S.L.P. e FORESCULTURA .Conta  coa colaboración da Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) da USC e ten por obxectivo principal  o desenvolvemento de coñecemento e tecnoloxía para contribuir á modernización da cadea monteindustria en Galicia mediante a xestión conxunta dos propietarios forestais e a súa integración nas  fases de aproveitamento, comercialización e transformación forestal a través da figura do mediador forestal.

SOFOR 4.0 desenvolve un novo modelo de negocio forestal apoiado nas fortalezas do sector forestal galego e intentando resolver as súas debilidades a través da actuación nos eixes horizontal (mediante a agrupación de propietarios forestais nas SOFOR) e vertical (realizando unha integración vertical entre os distintos eslavóns da cadea de valor). Trátase en definitiva de conectar a demanda, a  capacidade de transformación e a propiedade, de forma eficaz e transparente  para gañar competitividade. 

Trátase dun programa de traballo que implica a tres empresas cunha inversión total de 528.572,16€. O traballo conta co apoio da Axencia Galega de Innovación que aporta o 50% dos custes a través do programa conecta PEME. A execución deste proxecto iniciouse en marzo de 2016 e rematará en novembro de 2018.

Para o desenvolvemento dun modelo innovador no monte galego, desde unha perspectiva de xestión conxunta e integradora, estanse a realizar actuacións ao longo de toda a cadea forestal que respecte o valor de cada eslavón e potencie a colaboración entre os diferentes actores. Neste sentido estanse a desenvolver ferramentas informáticas que permitirán mellorar a xestión forestal e apoiar a toma de decisións, reducindo costes e optimizando os recursos. 

Para o desenvolvemento dun modelo innovador no monte galego, desde unha perspectiva de xestión conxunta e integradora, estanse a realizar actuacións ao longo de toda a cadea forestal que respecte o valor de cada eslavón e potencie a colaboración entre os diferentes actores. Neste sentido estanse a desenvolver ferramentas informáticas que permitirán mellorar a xestión forestal e apoiar a toma de decisións, reducindo costes e optimizando os recursos.

O proxecto SOFOR é impulsado por tres empresas

SEISTAG

É unha enxeñería ubicada en Bertamiráns (Ames, A Coruña). A súa actividade concéntrase no  ámbito do aprovietamento dos recursos endóxenos. Colabora con numerosas empresas, centros tecnolóxicos e universidades para  desenvolver novos productos con maior valor engadido, mellorar a competitividade de procesos de transformación e impulsar o desenvolvemento industrial a nivel local aproveitando o potencial do mercado internacional. A empresa conta con ampla experiencia en innovación a nivel autonómico, nacional e Europeo.

CERNA

É unha enxeñería con sede central en Lugo. A súa actividade concéntrase no ámbito da xestión, certificación e cadea de custodia forestal. Actualmente xestion a máis de 14.000 ha desenvolvendo a súa actividade tanto en España como en Portugal. Como resultado da súa  prolongada colaboración coa Universidade, a empresa conta con un elevado perfil a nivel de cualificación personal e de ferramentas TIC.

FORESCULTURA

É unha empresa de servicios agrarios e forestais ubicada en Padrón (A Coruña). A súa actividade principal é a realización de podas, rareos, cortas e sacas de madeira no monte. É fornecedor das empresas máis esixentes de Galicia como son FENOSA ou ENCE. Conta con estrictos protocolos de seguridade así como con ferramentas propias para o control e seguimento interno.

Durante 2016 os socios do proxecto SOFOR traballaron en dous ámbitos diferenciados, ambolos dous vinculados ao desenvolvemento de ferramentas TIC e coñecemento:

  1. Definiuse un modelo de datos capaz de soportar o desenvolvemento de diferentes tipos de aplicación informáticas orientadas a simplificar e reducir erros nos procesos de certificación, e xestión forestal.
  2. Validáronse sistemas de control de productividade en monte sobre parcelas de reducido tamaño co obxetivo de valorar o aumento de eficiencia vinculado á agrupación de fincas.

Leave a Reply

You are donating to : Greennature Foundation

How much would you like to donate?
$10 $20 $30
Would you like to make regular donations? I would like to make donation(s)
How many times would you like this to recur? (including this payment) *
Name *
Last Name *
Email *
Phone
Address
Additional Note
paypalstripe
Loading...